domingo, 27 de marzo de 2016

Tú asesina que nosotras limpiamos la sangre - 1996

Como ente todopoderoso de Peliculexando volvo a carga en plan total gore cunha aposta persoal un tanto arriscada pero cero preocupado. O certo é que facía bastante tempo que perseguía esta Tu asesina que nosotras limpiamos la sangre por un dos feitos que fixo que o inicial cortometraxe poidese finalmente convertirse neste filme: Quentin Tarantino. O de Knoxville viu o corto a principios dos '90 e financiou o proxecto da largometraxe participando tamén como guionista. Deixando de lado este feito, a pelicula é todo un descubrimento porque resulta moi entretida dende o inicio destacando o tempo do filme sempre ben aderezado por cancións latinas. Ai Gabriela se non che fascinase tanto a morte!!!!! Unha historia disparatada que acada o seu culmen con ese baile que se marca Gabriela... mellor vela e despois comentamos.




Título orixinal: Curdled
 
Ano: 1996
 
Duración: 88 min.
 
País:  Estados Unidos
 
Director: Reb Braddock
 
Guión: John Maass, Reb Braddock
 
Música: Joseph Julian González
 
Reparto: William Baldwin, Angela Jones, Bruce Ramsay, Mel Gorham, Daisy Fuentes, Barry Corbin, Lois Chiles, Carmen López, Kelly Preston, Lupita Ferrer
 
Productora: Miramax International / A Band Apart / Tinderbox Films
 
Xénero: Thriller. Comedia | Crimen
 
Sinopse:  Gabriela, una muller de orixen colombiano está terriblemente obsesionada coa morte. O seu obxetivo e conseguir un traballo relacionado coa alta sociedade/suciedade de Miami, xa que a sua obsesión é investigar un dos crímenes pertenecientes a unha cadea de asesinatos atribuidos ou coñecidos como “The killer Blue Blood”.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario